Gozar do Pepiño

Podes gozar da túa estancia no Pepiño de Allariz de moitas maneiras,
adaptándose á túa visita ou ós teus gustos.

Pausadamente no servizo de comedor

 

No noso comedor poderás degustar comidas e ceas de estilo caseiro. A oferta gastronómica do Pepiño está baseada na cociña tradicional da área de Allariz, e nela empréganse produtos da zona. Temos unha variada carta que mantemos á túa disposición durante todo o ano e a ela sumamos cada fin de semana pratos de tempada.

Na nosa carta poderás atopar pratos feitos con antigas receitas populares rescatadas pola nosa cociñeira.

Allariz, e a provincia de Ourense, son líderes na produción de carnes de calidade. En Allariz todos os anos celébrase a Festa do Boi e na carta do Pepiño poderás atopar as mellores carnes de boi, vaca madura e tenreira. As empanadas tradicionais, os nosos embutidos e queixos e unha esmerada selección de sobremesas caseiras completan unha oferta que te trasladará ao mundo gastronómico galego.

De tapas, con ou sen compaña

Non hai costume mais galega cá de “ir de viños”. A nosa taberna é un punto de encontro no paseo diario, tanto na hora do vermú coma na dos viños do serán. Visitantes e veciños acoden á nosa zona de bar a degustar a nosa selección de viños galegos con especial atención ás catro denominacións de orixe coas que conta a provincia de Ourense. Con cada consumición a casa ten por costume agasallar os nosos clientes cun pequeno pincho de degustación para que o grolo sexa máis agradable.

No servizo de bar tamén poderás degustar a nosa cervexa artesanal. Unha cervexa de trigo elaborada especialmente para O Pepiño.

Para quen queira acompañar os viños ou cervexas con algún aperitivo, o noso servizo de bar ofrece unha selección de tapas feitas coa mesma proposta gastronómica cá nosa carta.

Na terraza na tempada de verán

Na nosa terraza de verán poderás gozar dos nosos servizos de restauración en pleno casco histórico de Allariz.

 

Unha experiencia gastronómica diferente nun lugar único.

Levando o Pepiño para a Casa

Unha parte dos produtos utilizados na nosa carta poden ser mercados no noso servizo de tenda.

O pan artesanal como coñecían os nosos avós. Os nosos embutidos e xamón afumado procedentes das terras frías da Serra do Larouco. O noso queixo de cabra preparado artesanalmente polos nosos produtores de Castro Caldelas. Os nosos viños Mencía e Godello elaborados con esmero para nós na comarca de Monterrei. A nosa cervexa artesanal con produción exclusiva para O Pepiño de Allariz ou as nosas pepiñas de castaña: unha exquisita galleta elaborada a base de fariña de castaña de Allariz.

Empregamos cookies propias e/ou de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta o seu emprego. Pode cambiar a configuración ou obter máis información. Máis información

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar