Así somos parte do persoal do Pepiño

A nosa cociñeira

 

Ola. Son Carmen Seara, encargada de cociña do Pepiño de Allariz. Na cociña da nosa casa de xantar  intentamos traballar  sempre con 3 normas elementais: Limpieza, honradez e cariño.

Basámonos en recetas que outras fixeron antes ca nos para ofrecer os nosos clientes pratos nos que podan comprobar o sabor da cociña tradicional galega. Bos produtos, honradez no seu tratamento e cariño para trasladalos a túa mesa sempre na súa mellor versión.

Somos un equipo o que lle gusta o seu traballo. E esperamos que o resultado do que facemos sexa do teu gusto. Que volvas será a túa mellor felicitación.

Que aproveite!!!

A nosa encargada

 

Ola. Son Elvira Quintas, a encargada de sala do Pepiño de Allariz. O meu equipo e mais eu sabemos que traballamos nun lugar especial. Unha tenda-taberna  das de antes na que te poderás transportar a Galicia rural da primeira metade do século pasado.

No noso local poderás degustar a nosa  carta de viños representativa das 5 denominacións de orixe que existen en Galicia ademais da nosa Cervexa artesanal. Todo preparado para acompañar os pratos tradicionais da nosa cociña.

A nosa misión consiste en que os nosos clientes se sintan como na súa casa. Esperamos poder conseguilo contigo. Benvido!!

Empregamos cookies propias e/ou de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta o seu emprego. Pode cambiar a configuración ou obter máis información. Máis información

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar