Sobre o Pepiño de Allariz

esta é a nosa historia de película…

No verán de 1998 Jose Luis Cuerda elixiu Allariz para rodar a súa película A lingua das Bolboretas. De entre os escenarios escolleitos para a rodaxe estaba a antiga tenda do Pepiño. Unha típica tenda-bar do rural ourensán dos anos 50 que xa pechara as súas portas 30 anos antes pero que o seu dono, D. José Fernández “O Pepiño”, mantiña en perfecto estado. Como se aínda abrise as súas portas todos os días.

A rodaxe de A Lingua das Bolboretas non serviu só para recuperar o espazo de “O Pepiño” senón tamén para que nacera a idea de recuperar a gastronomía típica da Galicia rural e asociar a iso a posta en marcha dun negocio que unira nun mesmo lugar as ofertas de tenda, bar e restaurante como fixera D. José Fernández durante tantos anos.

 Foi así como naceu “O Pepiño de Allariz”

O Pepiño de Allariz é unha Casa galega de xantar tradicional que se pode catalogar nun chanzo intermedio entre a taparía e o restaurante tradicional.

A nosa oferta baséase nos produtos galegos de calidade e na tradición gastronómica da Galicia rural, con especial atención aos pratos e produtos que son típicos da comarca de Allariz (Ourense).

Todo isto nun ambiente que recrea a vida das tendas-bar do rural ourensán dos anos 50.

Traballamos con provedores da zona que nos aportan produtos de calidade da súa propia colleita.

No Pepiño estes produtos son cociñados e presentados de forma sinxela e procurando conservar a súa autenticidade, aproveitando sempre para ofertar aqueles que mellor se adapten a cada tempada.

Empregamos cookies propias e/ou de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta o seu emprego. Pode cambiar a configuración ou obter máis información. Máis información

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar